Animais domésticos: o porco
                        
                        
                        O porco
Características, bioloxía, costumes, tipos, historia, aproveitamento...
 
O porco é un mamífero artiodáctilo de corpo pesado e groso protexido por unha pel dura cuberta de pelos raros e duros. Os porcos poden ter distinta cor na pel e pelo de distinto tamaño e máis ou menos abundante. Os machos poden acadar case 1 metro de altura e pasar dos 300 quilos. As femias raramente pasan dos 80 cm de altura e case nunca acadan os 30 quilos. Críanse para aproveitar a carne.