Ruta pola ribeira do Tambre (A Baña)
                        
                        
                        Río Tambre no concello de A Baña
Ruta lineal pola beira do Tambre, no concello de A Baña, entre a área recreativa de Fiopáns e Portochán. Ideal para facer na primavera antes de que o mato cegue o carreiro. Permite gozar do discurrir lento do Tambre e dos espellos das balsas camiñando por fermosas carballeiras nas que destaca o carballo de Cancelos de case 6 m de perímetro.